A Moncada este tipo de recoñecemento enchelle e lévao á reflexión. Pensa na boa sorte do científico que traballa no que lle gusta e que se ademais ten a fortuna de atopar algo novo premiaselle desta forma xenerosa. Os poucos momentos de éxito na vida dun científico son tan preciosos que recompensan con creces as batallas frecuentemente frustrantes da ciencia. A Moncada a vida regaloulle o privilexio de pasar dúas veces polo umbral do descubrimento: a primeira vez ó atopa-la prostaciclina, e a segunta o descubrir o óxido nítrico coma medidor biolóxico, aclarando o camiño metabólico que leva a súa síntese. Estos descubrimentos serviron para entende-lo papel metabólico do endotelio vascular. A prosteciclina aínda ten moito que investigar. O óxido nítrico considerabase un gas incapaz de sustentar a vida animal, pero desmostrou ter un papel importante na fisioloxía da parede vascular e noutros sistemas coma o nervioso e o inmunolóxico. Moncada afirma que en España sempre brindouselle unha xenerosidade maior á que merece. E agradece tanta bondade, agardando continuar con nos esta aventura chamada Ciencia.