Antón e Lucía, ti e eu, calquera de nós, calquera lugar, sen poder saír. Facendo calquera cousa para non desperdiciar o tempo. Esperando o seguinte día. Que día? Calquera día. A caso ten importancia? Vivimos unha autobiografía coas súas setecentas setenta e sete páxinas iguais, e seguimos a escribir a mesma páxina día tras día, sen darnos conta de que cando morramos ninguén saberá que algunha vez existimos ou as cousas marabillosas que fixemos. Soñamos e temos os nosos soños. Inventamos historias marabillosas e tristes, como todas as boas historias. Xogamos, divertímonos, sufrimos, disfrutamos e choramos. Todo para todo e nada. Coma se navegásemos nunha barca a piques de naufragar, e que viaxa sen rumbo. Representamos o nosos papel, día tras día ata que un amencer, saia o sol mentres contamos estrelas e nos demos conta de que o autor deu por rematada a súa obra, quedemos sen texto e sen recursos e só nos reste apagar as luces e pechar o telón.