• Inicio
  •  »  USC TV - MEDIATECA
  •  »  Todos
  •  »  O velorio de Pat O´Connor
  •  »  O velorio de Pat O´Connor

O velorio de Pat O´Connor

Data de celebración: 02/06/2006
Visto: 6642 veces

Comeza a obra con dúas mulleres coidando do moribundo Pat O´Connor na casa deste. Tras presionalo de moitos xeitos para que lles diga onde garda os cartos, chega o médico, un home tan avaricioso e aproveitado como as dúas irmás, que tras librarse delas trata de convencer o moribundo de que lle finance un novo equipamento médico moi custoso. Nesta parte compróbase que Pat tamén foi un home avaricioso que acumulou o diñeiro sen compartilo con ninguén. Cando volven as irmás o médico trata de convencelas da necesidade do balón de osíxeno e da necesidade de ter diñeiro para traelo de Dublín. Elas non lle deixan marchar a pesar de que el dá ao enfermo por desauciado. Nese momento entra o crego que non lle quere dar confesión por andar cos ingleses Finalmente este accede a confesalo no leito de morte, e na confesión recordalle constantemente o seu contacto cos ingleses. Tras un anaco, o cura descóbrese coma outro avaricioso que o único que quere é que lle confese a el onde agocha o diñeiro.. Pat, que é moi teimudo, acaba morrendo sen confesar; o cura e o médico marchan, e fican as irmás lamentándose da súa desgracia por non ter cartos. No segundo acto o cura comeza xustificando á confesión do Pat ante a señora O´Mallei. O médico tíralle os trastos á filla dos O´Mallei, que viu de Nova Iorque, onde ten unha empresa de teas. O médico está moi interesado en conquistala. Mentres na casa dos O'Connor as irmás preparan o velorio de Pat. Chegan as pranxideiras, que se lamentan da morte do Pat cínicamente; de novo é unha preocupación interesada, como a do resto das familias, que veñen a comer e beber. O médico aproveita quedarse só cunha das irmás para tratar de conquistala, e ter acceso o diñeiro do Pat. A outra irmá entra e interrumpeos. Entra tamén a filla dos O´Mallei, e nese momento esperta o morto, que lonxe de asustar ou alegrar ás súas irmás, bérralles polo diñeiro malgastado. Tras algunhas conversas entra o médico e fica a solas coa filla dos O´Mallei, e trata de conquistala de novo diante do morto. Entón ela lle confesa que e pobre e prostituta, e el retráctase de todo o amor amosado. Cando todos marchan Pat fica coas irmás e falalles do plan que ten para marchar a Dublín tras do seu propio enterro. O final elas atopan o diñeiro no corpo do Pat cando este volve quedar inconsciente, e rematan celebrando a morte do Pat cun baile de todolos participantes da obra diante do ataud do Pat.

Productora: SERVIMAV. Servizo de Medios Audiovisuais
Universidade de Santiago de Compostela
Teira, Elena M.
Actriz
Yáñez, Belén
Actriz
Rey, Diego
Actor
Meizoso, Diego
Actor
Méndez, Roi
Actor
Lado, María
Actriz
Ordónez, María
Actriz
Gorrións entre tulipáns....
Data Evento:
06/11/2024
[+]
Gorrións entre tulipáns....
Data Evento:
06/11/2024
[+]
Investigamos na USC
Data Evento:
10/09/2024
[+]
Mesas de análisis do...
Data Evento:
16/10/2024
[+]
Investigamos na USC
Data Evento:
10/09/2024
[+]
Universidade de Santiago de Compostela | Teléfonos: +34 881 811 000 e +34 982 820 000 | Contacto
Powered by PumuKIT PRO V 1.70 license