Tres mulleres que comparten o mesmo espazo, a casa de Modesta, falan e discuten entre elas. Opinan da vida, de todo e de nada, para poñer en cuestión a sociedade. O texto de Schwab xoga coa linguaxe, co valor soez da palabra e coa propia violencia para facer rir o home. A obra trata acomodar esta historia á realidade de Galicia, do paso da dictadura franquista á democracia, que ás veces semella máis un paso institucional que social.