A helicultura é unha producción zootécnica, é dicir, é a arte da cría, reproducción, engorde e mellora do caracol común Helix aspersa. Dende 1990 a Unidade de Helicultura da Facultade de Bioloxía da USC traballa no estudo do ciclo biolóxico do caracol común en Galicia. Os anos de investigación na natureza e no laboratorio permitiron acometer o proxecto dunha granxa experimental onde reproducir o ciclo biolóxico complexo do caracol Helix aspersa. E os minuciosos estudos das plantas das que se alimenta o caracol na natureza deron lugar o deseño, e ensaio dun penso composto adaptado ós requerimentos enerxéticos de cada unha das fases do seu ciclo biolóxico. Das investigacións realizadas deducen que a mellor forma para loitar contra as enfermidades do caracol é facendo a cría nunhas condicións o máis próximas posibles ás que o caracol ten na natureza. A USC ofrece deseño das instalacións necesarias para unha cría rendible, asesoramento e seguimento das explotacións, e asesoramento na comercialización; así coma cría autóctona adaptada o noso medio natural, e penso composto específico para un crecemento rápido.