Apertura do Curso Académico 2021 da Real Academia Galega de Ciencias (RAGC)

Data de celebración: 05/05/2021
Visto: 1502 veces
Nomeamento do Presidente de Honra D.Miguel Ángel Ríos Fernández

A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) celebrou a apertura do seu curso académico nun acto no Pazo de San Roque en Santiago de Compostela tamén transmitido pola canle de YouTube da RAGC. Asistiron ao evento o presidente da RAGC, Juan M. Lema Rodicio, outros membros do equipo de goberno e académicas e académicos da entidade. Ademais, contouse coa presenza de autoridades como o reitor da Universidade de Santiago (USC), Antonio López; a directora da Axencia Galega de Innovación (GAIN), Patricia Argerey; e o secretario Xeral de Universidades da Xunta de Galicia, José Alberto Díez de Castro. Juan Quintás, catedrático de Análise Económica e académico: “Estamos en plena fase de transición cara unha globalización severamente ralentizada e gobernada por tendencias que modificarán profundamente o mundo no que vivimos” O académico numerario da RAGC, Juan R. Quintás Seoane, ofreceu unha lección maxistral, titulada “A globalización en transición”. O catedrático de Análise Económica, que foi presidente da Confederación Española de Cajas de Ahorro (CECA), manifestou que, en contra do que moitos cren, “a globalización non é unha etapa radicalmente nova e inédita do capitalismo, senón a forma máis recente de vellas tendencias trans-seculares, onde o seu despregue temporal adopta unha dinámica pendular”.

Productora: SERVIMAV. Servizo de Medios Audiovisuais
Universidade de Santiago de Compostela
Lema Rodicio, Juan M.
Presidente da Real Academia Galega de Ciencias
Bermejo Barrera, Pilar
Secretaria da Real Academia da Ciencia
Quintás Seoane, Juan Ramón
Profesor de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de A Coruña
Ríos Fernández Miguel, A.
Catedrático Emérito de Química Física e Presidente de Honra da RAGC, USC
Gorrións entre tulipáns....
Data Evento:
06/11/2024
[+]
Gorrións entre tulipáns....
Data Evento:
06/11/2024
[+]
Investigamos na USC
Data Evento:
10/09/2024
[+]
Mesas de análisis do...
Data Evento:
16/10/2024
[+]
Investigamos na USC
Data Evento:
10/09/2024
[+]
Universidade de Santiago de Compostela | Teléfonos: +34 881 811 000 e +34 982 820 000 | Contacto
Powered by PumuKIT PRO V 1.70 license