VALENTE EN RECITAL POLÍGLOTA, PANORAMA INTERCONTINENTAL DA DA CÁTEDRA VALENTE

Data de celebración: 23/03/2021
Visto: 1858 veces

A Cátedra José Ángel Valente de Poesía e Estética Universidade de Santiago de Compostela presenta o vídeo “Valente en recital políglota”, no que o poeta e director de aquela, Claudio Rodríguez Fer, le poemas orixinais de Valente en castelán e galego, alternando coa tradución dos mesmos a dezaoito linguas a cargo de valentistas diversos en Europa, Asia, África e América, sen esquecer tampouco o único poema que o autor en cuestión publicou en francés nin unha mostra da súa narrativa. O vídeo presenta lecturas en sete linguas románicas (galego, portugués, castelán, catalán, francés, italiano e romanés), catro xermánicas (inglés, alemán, neerlandés e sueco), tres eslavas (ruso, búlgaro e polaco), dúas semíticas (árabe e hebreo), grego e chinés, realizadas polas persoas que acometeron as traducións ou por outras que colaboran coa Cátedra Valente, entre elas escritores e escritoras galegas como Carmen Blanco, María Lopo, Olga Novo, Cristina Fiaño, Saturnino Valladares, Manuel Fernández ou o propio Claudio Rodríguez Fer; hispanistas como a estadounidense Diana Conchado, a marroquí Fatiha Benlabbah, a mexicana Mariana Vergara, a polaca Marlena Salapat, a chinesa Zhou Wei, a francesa Claudie Terrasson, a italiana Elsa María Paredes Bertagnolli ou o irlandés Manus O’Duibhir; tradutores e tradutoras, ademais de poetas, como o flamenco Germain Droogenbroodt, a búlgara Rada Panchovska, a rusa Anna Orlitskaya ou a romanesa Adina Ioana Vladu; xermanistas como a profesora Rosa Marta Gómez Pato ou a tradutora Neila García Salgado; a filóloga italianista Cristina Marchisio e a profesora catalanista Dolors Perarnau. Este audiovisual comeza co primeiro poema do primeiro libro de Valente, base programática de toda a súa obra, e, tras mostrar un panorama de todas as temáticas existenciais, sociais, metapoéticas, eróticas e místicas do autor, conclúe cunha significativa cita interactiva do mesmo poeta: “Hay un lenguaje roto, / un orden de las sílabas del mundo. / Descífralo.”

Rodríguez Fer, Claudio
Director da Cátedra Valente de Poesía e Estética. Facultade de Filoloxía, Universidade de Santiago de Compostela
Gorrións entre tulipáns....
Data Evento:
06/11/2024
[+]
Gorrións entre tulipáns....
Data Evento:
06/11/2024
[+]
Investigamos na USC
Data Evento:
10/09/2024
[+]
Mesas de análisis do...
Data Evento:
16/10/2024
[+]
Acto Académico de Apertura...
Data Evento:
23/09/2024
[+]
Universidade de Santiago de Compostela | Teléfonos: +34 881 811 000 e +34 982 820 000 | Contacto
Powered by PumuKIT PRO V 1.70 license