O concelleiro de educación, Román Rodríguez, quen preside a mesa , fai un discurso optimista sobre a actualidade e futuro inmediato da universidade e da educación superior en Galicia. A sintonía entre institucións autonómicas e universidade foi unha das claves para facer posible este proceso, que levou á USC dunha situación certamente comprometida a unha mellora sustancial e recuperar a imaxe de universidade de prestixio. Así abre oficialmente o curso o concelleiro. Remata o acto coa saída da comitiva oficial e o Gaudeamus Igitur.