Comeza o acto cunha breve presentación do mesmo por parte do reitor da USC, Juan Viaño Rey, e coa inmediata sinatura do convenio polas partes implicadas. O primeiro en intervir tras a sinatura é Román Rodríguez González, concelleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Fai unha reflexión sobre a importancia da sustentabilidade nos tempos actuais, e da importancia de tomar iniciativas coma esta para sensibilizar e actuar en prol dunha mellora do comportamento responsable global e dos individuos respecto da súa contorna. Rubén Lois, responsable do Centro Rexional en España do IYGU, fai unha presentación deste ano e do traballo realizado durante os últimos 12 anos, dende a creación deste instrumento. A preocupación polos aspectos ecolóxicos e pola movilidade dunha poboación cada vez máis grande son dous dos grandes temas a tratar dende este foro de traballo. Juan Monterroso Montero, decano da facultade anfitrioa, fai un breve discurso sobre a vocación humanista e da sensibilidade cos temas que inflúen e transforman tanto a xeografía como as estructuras sociais. Benno Werlen fai un sinceiro agradecemento por ter acollido na nosa universidade este proxecto, e convida aos estudiantes e ao resto dos galegos a participar e colaborar nesta iniciativa. Juan Viaño, reitor da USC, remata o acto cunha breve intervención sobre esta iniciativa e sobre o caracter internacional desta iniciativa e de como se adapta intencións de crecemento da nosa universidade.