O científico estadounidense comeza a súa intervención facendo unha pequena broma sobre a súa garabata. Xa metido en materia comeza falando dun experimento de Lamarck, e das súas conclusións. Profundiza na figura de Darwin e no seu perfil revelador dentro dun mundo ocupado por naturalistas teolóxicos. Ademais de centrarse nas ideas aportadas polo científico británico o profesor Thomas Glick vai introducindo algúns nomes de persoeiros destacados en torno á polémica da evolución das especies. Pouco a pouco, entre distintas posturas xurdidas e pensadores que as expoñían, vaise achegando a Galicia e a Nóvoa Santos. Destaca a realidade relixiosa imperante na sociedade, debido a unha forte posición de poder por parte da igrexa católica. Na última parte da súa intervención fai unha extensa análise sobre os traballos e pensamentos de Nóvoa Santos.