José Adolfo de Azcárraga Feliu e o encargado de levar a cabo a disertación sobre a Teoría da Evolución. Comeza facendo un repaso sobre algúns persoeiros históricos relacionados coa teoría da evolución e a súa adaptación a diferentes ámbitos: Malthus (economía), Robert May (lógica). Fala dalgúns problemas xurdidos do aumento xeométricamente desmesurado da especie humana, do control malthusiano para frear ou regular eses efectos. Introduce o termo caos como algo imprescindible á hora de considerar a evolución. Describe brevemente a vida de Charles Darwin e inmediatamente pasa a describir as illas Galápagos, a súa composición, formación e características xeolóxicas e biolóxicas especiais. Tamén describe ás viaxes de Alfred Russell Wallace e as súas aportacións á hora de definir a Teoría da Evolución gracias a coñecida línea de Wallace. Fai un repaso de como afecta á especie humana esta teoría da evolución; de como Darwin chegou as súas conclusións con respecto a este tema, polémico e arriscado na súa época. Na segunda parte da intervención fala de como hoxe a evolución é estudiada e as diferentes posturas dos especialistas e as súas polémicas.