Harald zur Hausen, na súa dilatada traxectoria profesional, participou de moitas investigacións, algunha das cales foron dunha relevancia enorme; na súa presentación levada a cabo na cidade de Santiago de Compostela, dentro do ciclo de conferencias do Programa ConCiencia, fai un repaso dalgunhas experiencias que o levaron ás ideas que derivaron nun recoñecemento mundial e un avance dentro do campo da mediciña dos que cambian a visión da humanidade con respecto a algo de relevancia e actualidade como o cancro.