Comeza o acto coa entrada da comitiva oficial no Paraninfo da Facultade de Xeografía e Historia acompañados do Gaudeamus Igitur. O secretario Xeral encárgase de abrir o turno de intervencións cun resumo da actividade do curso anterior da USC. A profesora e catedrática da USC, Inmaculada Paz ANdrade, é a escollida para facer o discurso inaugural do novo curso académico. O contido da súa exposicón versa sobre física aplicada, materia na que ela é especialista. A nova disciplina da físisca, a termodinámica é o epicentro do relato desta profesora. Primeiramente fai un repaso á actualidade das carencias na investigación e na docencia no ámbito da química e a física. O reitor da USC, Ramón VIllares Paz, repasa a realidade da universidade, das intervencións levadas a cabo desde a dirección desta e do novo panorama que debe afrontar, con novas compañeiras no panorama autonómico. O video remata coa saída da comitiva mentres volve a soar o Gaudeamus Igitur.