O catedrático de Física de Partículas, e membro do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías, Enrique Zas Arregui, realiza a laudatio aos físicos James W. Cronin e Alan A. Watson. No seu discurso, Zas Arregui, fai un recorrido polos descubrimentos científicos que contribuiron ó desenvolvemento dos máis diversos ámbitos, dende a electrónica ata a orixe do Universo. Realiza unha introducción sobre a carreira profesional de cada un dos doutorandos; e como e por que surxe a colaboración Pierre Auger.