O científico británico Michael Francis Atiyah comeza sinalando que é a súa primeira visita a Santiago de Compostela e felicitándose por ver tanta xente xoven interesada nas súas ideas. Comeza dando unha idea xeral de onde situaría el as matemáticas como disciplina: entre a ciencia e o arte, e o fai dando argumentos razoados. Para fortalecer a súa postura exemplifica con algunhas disciplinas artísticas baseadas nas matemáticas: arquitectura, música, debuxo...Pouco a pouco, e mentres descubre outras disciplinas relacionadas co pensamento matemático, vainos achegando as ideas que rodean ós termos invención e descubrimento, para poder relacionar a matemática con algunha das dúas. Xa inmerso nos elementos que conforman as matemáticas, vai distinguindo cales pertencen á invención humana ou a descubrimentos irrefutables, entre os artificios e as realidades naturais, para elo explica de xeito esquemático as características de cada un destes elementos. Tamén fala acerca da beleza nas matemáticas, a beleza artística de facer avances matemáticos, resolver problemas ou fórmulas. Tamén introduce e desenvolve o tema do funcionamento do cerebre e da súa relación coas distintas ciencias, os misterios que agocha e o que sabemos do seu funcionamento. Remata sacando algunhas conclusións sobre o valor e futuro das matemáticas.